HOMENAXEANDO A DARÍO


Hoxe é 23 de marzo, día Mundial da Poesía, como así o acordou a UNESCO na xuntanza de París do ano 1999. Pois ben, neste día de 2023, a Real Academia da Lingua Galega organizou, na Fundacion Luís Seoane, sita na Cidade da Coruña, un acto de homenaxe a Darío Xohán Cabana Yanes (Roás, Cospeito, (Lugo) 19/04/1952---17/11/2021).

Darío ingresou na RAG en 2006, ocupando a cadeira que en 2004 deixara baleira o poeta de Outeiro de Rei Manuel María, co discurso: "De Manuel María a Méndez Ferrín: A grande xeración".

Hoxe foi homenaxedo como poeta, mais tamén foi un destacado narrador e traductor. Asi mesmo, ao longo de 34 anos puidemos desfrutar do seu crucigrama, en galego, na Voz de Galicia.

O acto estivo guiado por Ana Romaní, numeraria da RAG e coordinado por Marilar Aleixandre, quen tamén nos recitou "Antioquía", un canto de resistencia, na loita polas causas perdidas.

Así mesmo, participaron:

-Margarita Ledo Andión que fixo unha loubanza e recitou o poema "Sempre na casa".

-Chus Pato, co poema "Terra" do poemario -Tempo que se foi- do libro os Meniños, ano 1993.

-Pepe Barro, "Polo Darío, sempre". Un texto que non é de Darío ou, quizais, si. Un texto que non é poesía, ou, quizais, si. Unha carta que quizais diga máis polo que non di que polo que di: Carta do pai, Zurich, marzo 1972.

-Xoán Ramiro Cuba, "Hora da morte".

-Xosé María Álvarez Caccamo, "Soneto de Amor e vento".

Marica Campo, "Invocación a Rosalía".

-Anxo Angueira, "A sombra", poema que me dedicou Darío.

-María Alonso Seisdedos, "Aquí".

Alexandra Cabana Outeiro (filla de Darío), Coidadoso. lapis, papel, metro e navalla.

O Darío sempre lle traía flores a miña nai cando vagaba pola veiga da porta. Eu traio, hoxe aquí, dúas camelias: unha para miña nai e outra para meu pai. Recitou: "Venceredes vós", pero nós temos da nosa parte a fonte inagotable da palabra.

O longo do acto soou en diferentes ocasións a música de Lois Pérez- e os asistentes foron agasallados cun libro sobre o propio acto de homenaxe e cos poemas seleccionados para a ocasión.

Puxo termo ao acto, Victor Fernández Freixanes, Presidente da RAG, quen, visiblemente emocionado, falando daquela visita á vosa casa que non chegou a levarse a cabo manifestou: Os poetas non marchan nunca, aquí temos os seus versos. Resaltou que a poesía é un xénero sublime..., un mundo extraordinario. A patria está na lingua, a lingua tamén nos fai a Nós. El quedará sempre con Nós, nunca pasará. Lembro, agora, o libro: "Cabalgada na Brétema", remateino unha mañá de domingo á porta da miña casa e automaticamente chamei ao autor, díxenlle: "Darío aquí está todo, dende o principio".

Lembro, tamén, a tarde tristísima, na que cruzamos as fragas de Castroverde, Margarita Ledo e máis Eu, camiño de Romeán, alí estaban as vellas carballas agardando por el.

E dinos Victor F. Freixanes na súa columna dominical de VENTO NAS VELAS do domingo 21/11/2021, (catro días despois do seu pasamento). Escrito que conservo datado e que incorporei no seu día á novela "Galván en Saor", onde repousa: "Esa noite, cando regresei á miña casa na Amaía, busquei na biblioteca Cabalgada na brétema, o derradeiro libro de poesía que Darío publicou en vida -Galaxia 2006- e que comeza así: <<O mundo chámase carballo>>. Nin bidueiro, chopo, capudre ou castiñeiro, nin sobreira, virgondoiro ou teixo sombrío... O mundo chámase carballo. Dende que o mundo é mundo, repite. <<Deitouse o avó dos avós á sombra do carballo...>> E xa ao longo das páxinas do libro, poema tras poema de caracter narrativo os máis deles, desenvolven a vida, a biografía do poeta, os seus mundos, os soños, as derrotas...".

Gardei de novo, con esmero, entre as páxinas do libro este recorte de xornal, unha teima miña dende fai anos, e deixei descansar o libro preto do meu leito, para unha segunda lectura...., tamén quedei a matinar en cal foi o derradeiro día que o puiden ver personalmente, quizais foi na Carballeira de Famelga, en terras de Cotobade, un dezasete de maio, unha máñá de choiva, na homenaxe da RAG a Antón Fraguas.

rafadcg@r.gal

marzo 2023









Introduce un texto aquí...