FILGUEIRA VALVERDE


Xosé Fernando Filgueira Valverde, (docente, intelectual, escritor, político, erudito, investigador da cultura galega...) viviu noventa anos, entre 1906 e 1996, converténdose nunha das figuras máis importantes do Século XX de Galicia no campo da historia e da Cultura. Cando estudamos a súa traxectoria non podemos salientar soamente o ámbito literario, senón tamén o desempeño de cargos dende as múltiples institucións nas que estivo involucrado:

-Seminario de Estudos Galegos

-Consello da Cultura Galega.

-Director do Instituto masculino de Pontevedra (onde fun alumno seu, dous cursos, das materias de Lingua e Literatura Española)

-Director do Museo de Pontevedra.

-Alcalde da Cidade de Pontevedra.

-etc.

Naceu e morreu na Rúa Arzobispo Malvar, anteriormente Praza do Peirao. Está soterrado no Cemiterio de Mourente.

OS PAIS.- Xosé María Fernández Martínez (natural de Mourente) médico de prestixio e María Araceli Vaverde, natural de Ugíjar (Granada), outrora monxa da Orde das Fillas da Caridade de San Vicente de Paul. Contraeron matrimonio en Madrid en 1903.

Seu Pai, foi subdirector do Hospital de Pontevedra, médico dunha zona da Boa Vila e profesor de Fisioloxía e Hixiene da Normal. Home de fonda humanidade e ampla cultura, como ben recoñecía o fillo: "Meu pai, que era tan sabedor de cousas da Natureza como dos clásicos". Antes de ser médico estudara para monxe no Convento de Tenorio, xuntándose nel os coñecementos das ciencias e o das humanidades. Home moi preocupado pola educación do seu fillo, no que influíu notablemente. Levábao aos faladoiros e ás visitas tan de moda nesa época, e así Filgueira fíxose cunha cultura de oídas considerable que unida á súa capacidade memorística, facíano posuidor de moitos datos sobre variados temas da cultura pontevedresa que logo darían pé e servirían de base a moitos dos seus traballos. Da súa Nai, quedaríalle, a forte pegada da súa relixiosidade e o carácter austero e esixente.

BAUTIZO E COMUÑÓN.- Recibiu o sacramento do Bautismo na Basílica de Santa María e a Primeira Comuñón na Igrexa de San Bartolomé o ano 1913.

ESTUDOS.-

-Bacharelato en Pontevedra.

-Filosofía e Letras (Sección C. Histórias) en Santiago e Zaragoza, onde se licencia en 1927.

-Dereito na U.S.C. (Premio Extraordinario 1928).

-Acadou o grao de Doutor, cunha tese sobre: "La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval", defendida na Universidade de Madrid.

-En 1959 Diplomatura en Psicoloxía.

O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, un organismo clave na Galicia do século XX.

-Participa na súa fundación en 1923.

-Do seu interés dá idea o feito de que, tras o Presidente Cotarelo, foi o seguinte en ler o discurso de entrada.

ENSINANTE: Foi coñecido como o vello profesor.

-En 1935, Gaña por oposición a cátedra de Lingua e Literatura Española no Instituto Jaime Balmes de Barcelona, dende o que se traslada ese mesmo ano a Lugo.

-En 1940, Acada praza no I.N.E:M. Masculino de Pontevedra. Sera director entre 1946 e 1976 .

A VODA: 1938

-Casa en Lugo, con María Teresa Iglesias de Osariz, vivirán xuntos ata o falecemento dela en 1995. Cinco fillos: Araceli, José Fernando, María Teresa, Pilar e Angelines.

-Ese mesmo ano, 1938, poucos días despois da voda morre seu pai.

O GRAN IMPULSOR DO MUSEO DE PONTEVEDRA

Por iniciativa da Deputación Provincial créase en 1927 o Museo de Pontevedra. Participou moi activamente nas xuntanzas que levaron á súa creación. En 1929 é nomeado seretario do Patronato fundacional do Museo de Pontevedra. O Museo será, sen dúbida, a iniciativa de máis empeño da súa longa vida, a el, en postos e cometidos diferentes, estará vinculado durante o resto da súa vida. En 1940 é nomeado Director, cargo ao que renuncia en 1986 ao cumprir os oitenta anos, sendo nomeado Director Emérito e Patrón honorario, seguiu a traballar polo Museo ata os seus últimos días. Museo que na vida de Filgueira contaba cos edificios: Castro Monteagudo, García Florez, Fernández López, Sarmiento e Ruinas de Santo Domingo. A día de hoxe conta tamén co chamado Sexto Edificio ou Edificio Castelao, construído de nova Planta e comunicado co edificio Sarmiento. Hai rumores de que o Mosteiro que foi das Clarisas se convirta tamén nun novo espazo do Museo Provincial.

FILGUEIRA NO INSTITUTO

En 1939 trasládase ao I.N.E.M. de Pontevedra (con caracter provisional nun principio) e onde permanecerá ata a súa xubilacion académica en 1986. Durante este longo período, propiciou numerosas iniciativas pedagóxicas, que culminarían Co Premio á exemplaridade pedagóxica, e na cualificación de Instituto Modelo, concedido ao Centro en 1958.

FILGUEIRA CONFERENCIANTE

Pronunciou ao longo da súa dilatada existencia máis de 1600 conferencias, en galego e castelán, sobre moi variados temas.

FILGUEIRA POLÍTICO

-Militou no Partido Galeguista.

-Foi Alcalde de Pontevedra e Procurador en Cortes.

-Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia no mandato de Fernández Albor.

-Presidente do Consello da Cultura Galega.

OBRA CREATIVA EN GALEGO

-Os nenos.

-O vigairo.

-Quintana viva.

-Agromar (teatro).

-Seis cancións de mar "in modo ántico"

O INSTITUTO PAI SARMIENTO

-Logo da desaparición do Seminario de Estudos Galegos en 1940, créase en 1943, O Instituto Pai Sarmiento, Centro de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que dende o ano 2000 ten titularidade compartida coa Xunta de Galicia.

-Foi o seu 1º Presidente Sánchez Cantón. Filgueira presidiuno durante 10 anos de 1971 a 1981, sendo o seu 2º Presidente. A Filgueira sucedeuno Francisco Javier Río Barja. O cuarto Presidente foi ao longo de 28 anos, Eduardo Pardo de Guevara e Valdés. Na actualidade, dende 2022, está presidido por Pablo Otero Piñeiro Maseda

-Posúe unha magnífica biblioteca.

-Na segunda metade do Século XX abarcou distintas disciplinas humanísticas, sempre referentes a Galicia. Na actualidade as súas actividades céntranse no ámbito da historia dende a Idade Media á Contemporánea.

A LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA

"Don Xosé Filgueira Valverde foi e continuará a ser un farol a iluminar os nosos camiños na pesquisa sobre os cancioneiros medievais".

Elsa Gonçalves, (profesora portuguesa) pechou con estas verbas unha conferencia no Museo de Pontevedra, en 2001, no 1º Memorial Filgueira Valverde.

ADRAL: UN COMPENDIO DA SÚA POLIGRAFÍA

-Nove volumes que recollen a obra de Filgueira dispersa en distintos medios, principalmente no Faro de Vigo.

-A metade dos artigos fan referencia ás Letras Galegas: Comenta un libro, glosa un feito literario, chora a morte dun escritor, explica unha cantiga do pobo, relaciona a obra dun escritor de fóra (Cervantes, Góngora, Azorín...co noso país) etc.

A ARQUEOLOXÍA

-Interesouse pola arqueoloxía e participou en excavacións, como nas da Lanzada acompañado do historiador de Marín, Antonio Blanco Freixeiro.

-Blanco Freixeiro, contestou a o seu discurso de entrada na Real Academia da Historia.

OUTROS CAMPOS DE TRABALLO

-A música.

-A Historia da arte.

-A festa dos maios.

-Pontevedra e o mar.

-A festa do Corpus.

-A artesanía galega

-etc.

NOMEAMENTOS E DISTINCIÓNS

Son múltiples. Citaremos:

-Medalla de ouro das cidades de Pontevedra e Santiago.

-Membro das Reais Academias de Lingua e da Historia.

-Pedrón de Ouro 1973.

-Medalla de ouro ao mérito das Bellas Artes.

Doutor Honoris Causa polas Universidades de Santiago e Vigo.

-A Real Academia da Lingua Galega, homenaxeouno coas Letras Galegas de 2015.

rafadcg@r.gal

19/03/2024