DA CECA PARA A MECA
O curso escolar 1986 -87, deixo a Ensinanza Privada (Colexio San Narciso de Marín) logo de algo máis de once anos, incorporándome, de novo, á Ensinanza Pública e comezando un percorrido polos Centros da provincia de Pontevedra, que poñen ao descuberto que o que menos se valora e a idoneidade para un posto de traballo, primando soamente, á hora de obtelo, a antigüidade.
Isto ocorría, logo de opositar a unha das tres prazas de Ciencias Sociais, convocadas en 1986 pola Consellería de Educación , probas celebradas en Compostela para mestres de toda a Comunidade Galega que acreditaran algún tempo de servizo no Ensino público. Rematadas as probas, obtiven o número dous, da especialidade de Ciencias Sociais, e único aprobado da provincia de Pontevedra de todas as especialidades.
Así pois, foi case rematar a oposición, obter praza no Ensino público, e as dúas especialidades que acreditaba: Ciencias Sociais pola oposición e Lingua Galega por posuír o Título de Mestre especialista na materia, non contaban para o momento de obter un destino definitivo por ese camiño, xa que as especialidades de Matemáticas, Ciencias Sociais e Lingua Galega, co paso dos alumnos do Ciclo Superior de Primaria a mans de Secundaria, non servían absolutamente para nada. Outra posibilidade que me quedaba "o consorte" entre funcionarios, do que soamente puiden facer uso tres cursos, xa que foi suprimido e aínda así era difícil de obter unha praza definitiva por este camiño ao ter que optar a el no concello de Pontevedra, capital de provincia e, como tal, cunha enorme lista de funcionarios aspirantes ao escaso número de prazas por este método. De aí que o camiño para obter un posto definitivo se alongara e de que maneira.
A continuación relaciono os Centros que figuran na miña folla de servizos que servirán de exemplo para un corpo de mestres que non dixo nin muu, cando, as altas xerarquías, decidiron arrebatarnos os dous últimos cursos da E. X. B., incluso houbo comentarios de ledicia: "que os leven que son os que causan problemas..." e cando a Administración convocou unhas oposicións con especialidades fóra de tempo e lugar.
INTERINO Curso
Castillo - Salvaterra de Miño................................1974 -75
Fragoso - Xeve - Pontevedra.................................!986 - 87
O Picacho - Vigo.................................................... "
Salcidos - A Garda................................................. "
Dena -Meaño........................................................ "
Reibón - Moaña.................................................... "
PROPIETARIO PROVISIONAL
Carballal - Marín.....................................................1987 -88
Castrillón - Coiro - Cangas............................................"
Abelendo - Moaña........................................................"
Barcelos - Pontevedra.............................................. ...."
Cabanas - Salcedo -Pontevedra................................ 1988 - 89
Igrexa -Xeve - Pontevedra......................................... 1989 -90
San Benito - Lérez -Pontevedra................................. 1990 - 91
Hío - Cangas .............................................................. 1991 - 92
Rosada - Coiro - Cangas..............................................1992 - 93
Sequelo - Marín..........................................................1993 - 94
Seixo -Marín...............................................................1994 - 95
Reibón - Moaña..........................................................1995 - 96
Sequelo - Marín........................................................ 1996 - 97
A Pedra - Bueu.......................................................... 1997 -98
A Guía - Moaña........................................................ 1998 - 99
Barcelos - Pontevedra.............................................. 1999 - 00
I.E.S. Salvador Moreno - Marín................................ 2000 - 01
Álvarez Limeses - Pontevedra.........................................."
Sequelo - Marín....................................................... 2001 - 02
PROPIETARIO DEFINITIVO
San Xoán Bautista - Cerdedo....................................2002 - 07
A Laxe - Marín.......................................................... 2007 - 11
O 1º de Setembro de 2011, xubileime, aos 60 anos de idade, logo de 37 anos de servizos, sen contar o curso de Prácticas, e tratando de facelo o mellor posible en cada momento, a pesar dos continuos cambios de destino, dando por rematado o que titulei: Da Ceca para a Meca, e senón, que o califique e xulgue o lector co listado na man.
18/03/2022
rafadcg@r.gal