BEGOÑA CAAMAÑO RASCADO

(1964 - 2014)

Letras Galegas 2026

Un ano máis, este domingo 17 de maio, a Real Academia da Lingua Galega, celebra unha xuntanza no Teatro Principal de Santiago de Compostela, para en sesión extraordinaria homenaxear a Begoña Caamaño Rascado, a voz insurrecta e alegre.

Os Enxebres de San Lázaro de Santiago de Compostela, acompañaron coa súa música, "A marcha do Antigo Reino de Galicia", a entrada no Salón de actos do Presidente da Xunta de Galicia: Alfonso Rueda Valenzuela e o Presidente da Real Academia da Lingua Galega: Henrique Monteagudo Romero.

De seguido, un Trío formado por: Sofía Espiñeira (guitarra), acompañada por Yudit Almeida (contrabaixo) e Ailén Kendelman (percusión), puxeron o prólogo a este acto.

Rematada a actuación musical a Secretaria da Real Academia: Ana Bouzón Agrelo, leu o acordo no que se decidiu dedicar estas Letras Galegas de 2026 a Begoña Caamaño Rascado.

Interviron a continuación:

Ana Romaní, que titulou a súa disertación: "Incandescencia sonora a voz de Begoña Caamaño". Dela contounos que foi unha gran lectora, e na radio foi onde atopou a maneira de expresarse: Non estar muda ante o que pasa, navegar na procura de novos mundos. Gustáballe saber para coñecer. A cultura é unha forma de estar no mundo. Para a radio tamén se escribe.

Marilar Aleixandre, centrou o seu discurso no feminismo que a autora amosou nas súas novelas que nos deixou. Segundo Marilar, a narradora Begoña (feminista) vai zurcindo con fío violeta as linguas cortadas.

Victor Fernández Freixanes, falou da sensación de fascinación que sentiu cando leu as novelas da homenxeada: "Circe ou o pracer do azul" e "Morgana en Esmelle". En palabras súas, apuntou, son obras de madurez, dunha escritora que leva moitos anos formándose para ese momento. A súa traxectoria estivo marcada: Polo xornalismo, a Literatura e o Activismo como feminista e lingüista.

Rematadas as intervención dos Académicos, O Presidente da RAG, apuntou a necesidade de saír e facer algo en defensa do idioma: O galego debe estar fóra de loitas partidista e instou ao Presidente da Xunta, Sr. Rueda de Valenzuela, para que impulse o diálogo político e social en favor do idioma. Monteagudo, sinalou que neste ano dedicado a Otero Pedrayo, está máis vixente que nunca a necesidade de unidade para que a Lingua continue a dar ánimos , ou sexa esperanza que nos inspire cara o futuro, enumerando os seguintes puntos: Compromiso, activismo, ledicia e agarimo é o que precisa o noso Idioma.

O acto rematou coa interpretación do Himno Galego, cantado polos asistentes que acompañaron ao ao Trío Musical, presente no acto e, xa nomeado.

17/ 05/ 2026

rafadcg@r.gal