MURGUÍA

(1833 - 1923)

Hoxe, 2 de febreiro de 2023, cúmprense cen anos do falecemento de Manuel Murguía.

A Real Academia da Lingua Galega, dedicoulle o Día das Letras Galegas o Ano 2000. Isto xerou centos de traballos, actos, exposicións, conferencias ao longo da xeografía de Galicia que preservaron para sempre do esquecemento a tan extraordinario persoeiro.

Dende o seu pasamento foi máis gabado que estudado, polo menos ata os anos setenta do do século XX:

- Xesús Alonso Montero, con "Obra política e sociedade en Galicia" (1974), situou a Murguía nos tempos modernos.

-A reedición en 1976, pola Editorial Galaxia, do libro de Vicente Risco, "Manuel Murguía", deixou claro o compromiso intelectual deste con Galicia.

-Tamén con posterioriodade, traballos de Ramón Máiz e Xusto Beramendi, situarono onde lle corresponde.

-Un extraordinario de "A Nosa Terra" co título "Volver a Murguía" (1988) e o esforzo do profesor Henrique Rabuñel Corgo, un gran coñecedor da obra de Murguía co libro: Manuel Murguía (1999).

Estes estudos que acabamos de nomear deben ser considerados como importantes antecedentes da obra: "Murguía" por Xosé Ramón Barreiro Fernández. Grandes Biografías. Editorial Galaxia 2012.

O profesor Barreiro, que tamén prsidiu RAG uns anos, dedicou este libro, sobre Murguía, á Real Academia da Lingua Galega, fundada precisamente por Murguía e da que foi o primeiro Presidente de 1906 a 1923.

O profesor Barreiro deixounos escrito que: Murguía foi o máis destacado representante do galeguismo no Século XIX. A súa obra enmárcase na idea de Nación Galega.

Manuel Murguía, estivo casado con Rosalía de Castro, a poetisa coa que enmarcamos o Rexurdimento das Nosas Letras, e primeira figura a quen se adicou o DÍA DAS LETRAS GALEGAS en 1963 .

Sirva este ano do Centenario do seu pasamento, que se produciu na cidade de A Coruña para achegarnos á súa figura, que abarca múltiples facetas, profundar no que aportou e situalo no alto e merecente lugar ao que se fixo acreedor.

Escribiu a Historia de Galicia, entre outras obras, porque segundo nos adiantou: "Un pobo sen historia é un pobo morto".

rafadcg@r.gal

2/02/2023