ARTES GALEGAS 2027
María Luisa Rodríguez Nache
Unha artista universal
(1924 - 1985)
A Real Academia Galega de Belas Artes, ben de acordar, que o día das Artes Galegas (1/04/2027), sexa homenaxeada a soprano coruñesa, María Luisa Rodríguez Nache, que toma o relevo do fotografo, José Suárez, a quen se dedicou o día das Artes Galegas 2026.
Apuntan dende a Academia que este acordo está fundamentado: pola inigualable carreira, polo seu labor como docente, o seu significado como icono cultural, ademais de numerosos méritos:
-Soprano Galega máis destacada do Século XX.
-Excepcional traxectoria artística.
-O seu labor como maxisterio.
-Representante e embaixadora da Cultura Galega.
Destaca a RAGBA a María Luisa, como o cume da interpretación lírica en Galicia, que compartiu escenarios coas figuras máis representativas do seu tempo.
Tamén salientou a súa faceta no conservatorio de música de A Coruña, onde formou a xeracións de novos cantantes e as súas participacións nas tempadas de ópera desta cidade.
Cunha formación dende moi nova, debutou no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña e obtivo o seu máximo recoñecemento internacional logo de actuar na Scala de Milán, a carón de figuras como María Callas.
A súa voz de soprano acompañada dunha técnica sobresaínte e unha enorme expresividade foron rasgos que a acompañaron.
Foi elixida Académica de número en 1974. Tomando posesión dous anos máis tarde. Ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario en 1976, cunha disertación sobre: "Voces Galegas de Ouro no Mundo".
Premio Nacional de Teatro, en dúas ocasións, polos seus dotes na interpretación das óperas.
En Italia, durante 18 anos, interpretou os papeis principais en máis de corenta óperas.
A Real Academia Galega de Belas Artes recibiu en 2024 unha doazón da familia da soprano.
Sirva este preámbulo, da nova da RAGBA, para homenaxear a tan ilustre persoa no próximo Día das Artes Galegas, en 2027, e coñeer e pór en valor o longo deste ano a súa figura e o que significou dentro do mundo da Arte Galega.
rafadcg@r.gal
27/06/2026