XERACIÓN DE 1925: AMADO CARBALLO

Logo da Xeración "NÓS", ocupa as Nosas Letras a nomeada como Xeración de 1925.

Agora cun século de por medio, chega o momento de lembrar aos seus representantes, valoralos e coñecer as súas aportacións

Os membros que se agrupan baixo esta denominación son aqueles nacidos entre (1895), caso de Luís Pimentel e de (1909) como Iglesias Alvariño e García Sabell: Así, Manuel Antonio (1900), Fermín Bouza Brey e Amado Carballo (1901), Xosé Fernando Filgueira Valverde e Lois Tobío Fernández (1906).

Son continuadores da Xeración NÓS, non obstante, son os constituíntes do "Seminario de Estudos Galegos" e da "Revista Ronsel".

O Seminario, fundado en 1923, por Bouza Brey, Filgueira Valverde, Tobío Fernández, Ramón Martínez e outros que se van agregando de seguido, sobre todo membros da Universidad. Este Seminario de Estudos Galegos (SEG) é o punto de encontro dos intelectuais galegos, nos que influiron Vicente Risco, Otero Pedraio, López Cuevillas, (estudados na Xeración Nós). O (SEG) ve interumpidos os seus traballos co Golpe de Estado e a Guerra Civil de 1936, traballos orientados sobre todo ao labor arqueolóxico e etnográfico.

A Revista Ronsel (Lugo), con catro números, céntrase, sobre todo, no aspecto literario e segue as Chamadas Vangardas de España.

Amado Carballo (1901 -1927), Debido aos poucos anos que viviu non nos deixou unha obra definitiva, rematada e de natureza; aínda así, tanto a obra en verso como en prosa e fundamental para achegarnos á evolución da Literatura Galega dos últimos tempos.

En canto á prosa citeremos "Os pobres de Deus" e algúns dos seus Contos que se atopan ao nivel doutros narradores desta Xeración de 1925, como Rafael Dieste, Anxel Fole ou Eduardo Blanco Amor.

No referente á obra poética e xunto con Manuel Antonio Pérez Sánchez e con Luís Pimentel dos máis importantes da súa xeración, que son incluídos nos denominados IMAXINISTAS E VANGARDISTAS.

A súa obra poética recóllese en "PROEL", libro escrito en 1924. O poeta , conta nos seus poemas como é a terra na que vive: a súa paisaxe, personifica o mundo rural facendo que se amose unha paisaxe con cualidades humanas.

Postumamente publicouse "O GALO", edición preparada polos seus amigos, cun Limiar de José Rogelio Otero Espasandín, quen entre outras cousas nos conta: Como, -no verán de 1927, nas beiras do Lérez, dei con el nunha casiña humilde de Pontevedra, (unha placa na rúa Cobián Roffignac nº 1, desta cidade, lembra que alí naceu e viviu o poeta que nos ocupa), abrazámonos aínda que nunca nos viramos. Falamos de "PROEL", da nosa xente, da NosaTerra. El pensaba vivir nunha escola de montaña, por Soutelo de Montes, onde se reporía da saúde, compraría libros, remataría a carreira de Letras... Aquel día tiveron lugar as derradeiras pisadas. Non tardou en presentarse a morte para segarlle a vida como un xunco-.

Morre por unha tuberculose, en Setembro de 1927, na cidade de Pontevedra.

As Letras Galegas de 1982, homenaxearon a este persoeiro.

S A U D A D E

Meniña, pecha a fiestra,

non deixes a noite entrar;

para tebras ben abondan

estas que comigo van.

O vento anda espenuxado

oubeando como un can,

e na zanfona do bosque

salouca un tolo cantar.

Que arelas tan fondas sinto

de deixar a alma vagar,

de perder o corazón

como unha dorna no mar.


Este fondo mal que eu teño

ninguén mo pode sandar;

a miña alma no ensoño

por vieiro ignorado vai.

E o herdo da nosa raza

esta mágoa de ideal;

sentir remotos degoiros,

chorar sen saber o mal.

Meniña, pecha a fiestra,

non deixes a noite entrar;

para tebras ben abondan

estas que comigo van.

                                                       Amado Carballo

                                              

rafadcg@r.gal

6/08/2025