RAG: Novo Presidente


Onte, 4 de abril de 2025, en Pleno extraordinario celebrado no Salón Vermello do Pazo de María Pita de A Coruña, por estar en obras a Sé da RAG, foi elexido Xosé Henrique Monteagudo Romero como o Presidente número 15 da Institución, sendo a súa candidatura a única presentada.

Sustitúe no cargo Víctor Fernández Freixanes que presidiu a RAG dende o 28 de marzo de 2017.

Monteagudo incorporou ao novo Equipo a:

-Ana Isabel Boullón Agrelo (Secretaria)

-María López Sández (Tesoureira)

-María Dolores Sánchez Palomino (Bibliotecaria-arquiveira)

-Lourenzo Fernández Prieto (Vicesecretario)

O novo Presidente é natural de Muros (A Coruña), onde naceu en 1959. Ingresou na RAG o 25 de febreiro de 2012, proposto por: Xosé Luís Axeitos, Darío Xohán Cabana e Antón Santamarina, cun discurso titulado: "Facer país co idioma: sentido da Normalización Lingüistica"; a resposta estivo a cargo de Rosario Álvarez Blanco.

Destacado sociolingüista, Profesor da Universidade de Santiago, Secretario do Consello da Cultura Galega e con múltiples estudos e traballos: Castelao, A lírica medieval, Contribución á Gramática galega (xunto con Rosario Álvarez e Xosé Luís Regueira) e ao Diccionario normativo Galego-castelán. Traballos sobre literatura medieval portuguesa, historia, Lingua estranxeira. Aspectos sociolingüistas do bilingüismo en Galicia. Gramática Portuguesa. Estudos sociolingüisticos galegos. Historia Social da Lingua Galega, etc.

Casado con Dolores Vilavedra Fernández, profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

A nova dirección da RAG apuntou:

-A falta de orzamento, a perda de falantes sobre todo na mocidade, como principais dificultades coas que vive a Lingua nestes momentos.

-Sinalou que as políticas actuais non só son ineficaces, senón "LEXIVAS" para contribuír a que a lingua galega sexa o veículo normal de comunicación; puxo o punto de mira na mocidade. Temos que ser máis eficaces, actualizando o xeito de facelo, achegando a Institución á sociedade. Pide que o galego non sexa motivo de confrontación partidaria e que chegar á xente nova é o gran reto. Aínda así considera a Academia como un axente necesario na defensa da Lingua.

Agardamos e desexamos, para o Novo Presidente, unha traxectoria de bonanza e acertos nesta nova singladura que a Real Academia Galega afronta e que poidamos recuperar falantes e xente comprometida co destino da Lingua que é a NOSA.

rafadcg@r.gal

5/04/2025