PACO MARTÍN: HOMENAXE

Cando se cumpren corenta anos da publicación do libro: "DAS COUSAS DE RAMÓN LAMOTE". A Real Academia da Lingua Galega (RAG), homenaxeou ao seu autor: Paco Ramón Martín Lamote.

Este libro recibiu o Premio Nacional de Litaratura infantil e xuvenil en 1986 e o Premio galego Barco de Vapor en 1984. Na contraportada do Libro, xunto cunha reseña do autor podemos ler: "Ramón Lamote Miñato, profesor de Chairego e debuxante de soños por encargo, é o protagonista da novela gañadora do Primeiro Concurso O Barco de Vapor. Nunha combinaciñon axeitada de realismo e fantasía, o autor cóntanos algunhas <<cousas>> deste personaxe cargado de humanidade e, ao mesmo tempo, do humorismo que caracteriza aos nosos paisanos".

Abriu o acto, o Presidente do Círculo das Artes de Lugo, lugar no que se ubicou a celebración, falando do prolífico e premiado Paco Martín.

Interviu, de seguido o Presidente da RAG, Henrique Montegudo, salientando: "É unha honra celebrar este acto, en honor deste persoeiro, un escritor cun gran traballo na Literatura Infantil e Xuvenil". Agradeceu ao Presidente do Círculo das Artes de Lugo por acollelos alí, pasando de seguido a palabra á Académica Marilar Aleixandre, encargada de presentar a sesión.

Marilar introduciunos no tema coa pregunta: Existe Ramón Lamote? E se existe é porque alguén creou a ese persoeiro imaxinario que realmente vive entre nós e os seus soños, dende 1985, percorren as rúas de Lugo. O seu creador foi Paco Martín.

De seguido, a Académica, falou de que RAG, quere recoñecer con esta homenaxe a súa achega á Literatura Infantil e xuvenil. Pasando a presentar a Isabel Soto López, da que destacou: Ten moitas facetas, persoa que quizais máis sabe sobre Literatura Infantil e xuvenil de Galicia e ademais experta en Paco Martín e Agustín Fernández Paz.

Isabel, dialogou co homenaxeado, falando da actividade de mestre de Paco e preguntou sobre os seu comenzos na Literatura Infantil: Escribín algún poema e logo un conto que mandei a concursar para animar a unha alumna e déronnos o premio.

Disertaron, de seguido, de como naceu Ramón Lamote no suplemento da Revista "Axóuxere" e do que significa LAMOTE, ave de rapiña moi observadora que pousa nos paus da luz. Recollín ese Lamote para unha obra é en 1984 obtivo: "DAS COUSAS DE RAMÓN LAMOTE" o Premio Barco de Vapor e en 1986 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Neses relatos observamos o contraste entre Lamote e a cidade, burocracia absurda, fantasía, humor, surrealismo a favor de nenos e nenas. Ramón Lamote é un persoeiro que está no imaxinario.

Preguntado pola escola: A lingua como está? As editoriais son un negocio, moito pensar no que poden vender, sen importar o texto.

Preguntado polo libro máis querido? Quizais: "As muxicas no espello" por ser o primeiro.

Preguntado por, Que les nestes tempos? Releo máis que leo. Publícase tanto que é imposible ler todo.

É esta unha obra que serve para calquera idade, aínda que estea no barco de vapor. Foi ilustrada por Xan Balboa e conta cos seguintes premios:

-Losada Diéguez.

-Nacional de Literatura infantil e xuvenil.

-Premios internacionais.

-Moitas traducións.

O marido de María Victoria Moreno, que era cego, fixo a tradución a BRAILLE.

Este libro deu nome a unha xeración: A xeración Lamote, que representa sobre todo : a amizade.

Falounos dun novo libro titulado: "Das novas cousas de Ramón Lamote", apuntou a Xavier Senín como culpable deste segundo libro.

Deixou frases como: "Tocoume vivir unha época na que me perdo, a xente xa non fala. Como falar coa xente, directamente, cando todo o mundo o fai a través do teléfono móbil"

Ou esta: "Que diría Lamote deste mundo que vivimos de guerra por aquí, guerra por acolá... Estaría atónito... Eu sinto vergoña de pertencer a un mundo que maltrata ou asasina aos semellantes.

Interviu tamén no acto Alejandro Tobar (tradutor), que dixo do escritor: "Paco é un excelente lector, isto fai del un gran escritor. Escribe por pracer", non por necesidade de publicar.

Lois Pérez, díxonos que é un libro moi adiantado ao seu tempo, un libro moderno, un libro cheo de fantasía e humor.

Branca Villares foi poñendo ao longo das distintas fases do evento a música.

A fase final deste evento tivo como centro a obra do homenaxeado no seu conxunto: "Muxicas no espello", "No cadeixo", "E agora cun ceo de lama", "Dende a muralla", "Tres historias para ler á noite".

Marilar Aleixandre, como coordinadora da xornada: "dedicamos esta terceira xornada do ciclo Voces da Narrativa a Paco Martín como parte da Literatura con maiúsculas, en ningún caso menor".

rafadcg@r.gal

outubro 2025