Vodas de Ouro

OLI - TONO (2025)

Hoxe estamos invitados unha vez máis nesta casa, mais esta é unha invitación distinta, este é un convite EXTRAORDINARIO, e digo isto de especial porque Olimpia e Antonio cumpren 50 anos de matrimonio, si,... medio século. Unha suma de anos que xa comeza a ser rara neste século XXI.

Sen lugar a dúbidas, debe de ser para vós unha das datas máis importantes da vosa vida e o momento de facer balance e de lembrarse do camiño que xuntos percorrestes; seguramente non o esqueceredes e perdurará en vós como unha marca que representa:

-A lealtade.

-A paciencia.

-O compromiso familiar.

-A resistencia e tenacidade, para vencer os obstáculos que de seguro se presentaron no día a día.

-O valor dunha unión matrimonial.

Eu, como membro e portavoz do Clan e, en nome de toda a familia "García Vidal", traslado o seu pensar, que resume esta escueta nota:

"Queremos felicitarvos por este medio século de travesía, desexando que este non sexa a fin do camiño, senón unha etapa máis que vos vaia achegando ás vodas de platino". Unha forte aperta.

Xa nolo deixou dito, Carlos Gardel, entre outros, co seu tango: "CINCUENTA AÑOS NO ES NADA".

Grazas por compartir con Nosoutros, día tan especial.

Vilagarcía de Arousa.

2 de agosto de 2025