O Tío Marcos da Portela
150 anos da publicación do primeiro xornal en Lingua Galega
O 7 de febreiro de 2026, cumpriranse 150 anos da saída á rúa do primeiro xornal en galego: "O tío Marcos da Portela", obra de Valentín Lamas Carvajal (poeta e periodista), que viviu entre 1849 e 1906. Sendo membro Da Real Academia da Lingua Galega. Con motivo de lembrar tal acontecemento, prográmanse iniciativas con actos en Ourense: Unha ruta polo Ourense de Lamas, un concerto da Coral Ruada e un xantar no Liceo de Ourense.
A Comisión encargada da conmemoración destes 150 anos, está coordinada polo Académico Alfonso Vázquez Monxardín, o Consello da Cultura Galega, A Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de Ourense, a Fundación ONCE, a Coral Ruada Amega, o Liceo de Ourense e a Familia de Lamas.
Valentín Lamas Carvajal foi homenaxeado coas Letras Galegas de 1972.
Conta cunha abundante obra poética, na que destaca "Saudades Galegas" e "A musa das aldeas". Así mesmo co Catecismo da doutrina Galega ou "Catecismo do Labrego"(1888), publicado co psudónimo antes citado como título: O tío Marcos da Portela. Nel critica as condicións de vida dos campesiños galegos (inxustizas, miserias e explotación que sufrían). Seguindo a vía do humor como ferramenta de denuncia e crítica, serviu para espertar as conciencias dos labregos ante a situación escrava que soportaban.
Aproveitemos este ano 2026, para lembrar a súa figura e poñer en valor a súa obra, polo que significou para a Literatura Galega.
Remataremos esta pequena reseña do autor cun poema da súa pluma, no que respectamos a súa escrita:
COMO CHOVE...
A DON MANUEL RIBADULLA,
Chove chove n-a casa d'o probe.
¡ Vállame Dios que noite! ¡ como chove,
como chove, e que lóstregos se ven!
¿que guia os campos levarán?
¡ Ay, probé, probé d' o que non ten!
Con forza á pedriscar comenza agora,
riba de nos a nube descargou:
óutra tal com' aquela que treidora
as térras nos levou.
Qué d'estrozos fará nos nosos millos;
nin graos pr'a seraenteira deixará:
¡ ay amante muller, amados fillos,
quedádesvos sen pan!
O ano enteiro traballa pra q' un trono
lle leve o que procura con suor,
ou ben escravo pra manter seu dono
traballa o labrador.
Parés, muller, que cae unha goteira
n-o leito d' os pequeños, vai á ver;
acende ese candil, e n-a lareira
vota foupas tamen.
Se mollados están os anxeliños,
tráinos aixiña e vámolos quentar:
¡ inda por hoxe inoran, coitadiños,
pol-as que pasa un pai!
V. Lamas Carvajal.
rafadcg@r.gal
15/01/2026