LETRAS GALEGAS 2026
Begoña Caamaño Rascado
Vigo 1964 - Compostela 2014
XORNALISTA - ESCRITORA - FEMINISTA -ACTIVISTA POlÍTICA
Begoña Caamaño Rascado será a figura a homenaxear nas Letras Galegas de 2026 e en particular o 17 de maio; así o anunciou o Presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, logo do acordo do Pleno Ordinario da RAG, reunido en María Pita, por seguir en obras a súa sede, hoxe 20 de xuño de 2025, logo de que a súa candidatura se impuxese ás de Antón Tovar, Miguel Gónzalez Garcés e Enrique Labarta Pose. A súa candidatura foi presentada por : Ana Romaní, Marilar Aleixandre, María López Sández, Margarita Ledo Andión, Chus Pato e Francisco Fernández Rei. Saíndo elexida en primeira votación. Segundo apuntaron os apoios desta proposta, a súa obra é : ética, crítica para co país e co idioma; moi implicada coas causas sociais, culturais e políticas, co pacifismo, os dereitos humanos, a solidariedade, a dignidade e a liberdade...
-Ana Romaní que actuou como voceira do grupo que presentou esta proposta manifestou: "Imos ter unha figura nas Letras que nos vai permitir achegarnos ao xornalismo e á ficción.
-Margarita Ledo Andión, puxo a ollada no rol feminista da elixida,
-Marilar Aleixandre, fixo referencia á súa obra.
-María López Sández, apuntou que a homenaxeada serve para poñer en valor as obras que non se miden pola cantidade, senón pola calidade.
Henrique Monteagudo salientou que os académicos valoraron " a madurez e a importancia da súa obra literaria", falando desas dúas "magníficas e espléndidas novelas"; ademais da súa traxectoria profesional en favor dun periodismo independente e crítico.
Coa súa obra xornalística obtivo varios premios, destacando polo seu rigor e calidade, apoiando sempre a independencia, o profesionalismo e a promoción do galego en todos os medios informativos. Xornalista en Radio Noroeste e en Radio Popular de Vigo para incorporarse en 1989 á Radio Galega, onde traballou nos Servizos Informativos e no Diario Cultural entre outros. Tamén traballou para a Axencia Galega de Noticias e colaborou con: O Sol, A Nosa Terra, Tempos Novos etc.
No referente á faceta de escritora: Dúas obras:
-CIrce ou o pracer do azul (2009).
-Morgana en Esmelle (2012); Obra coa que obtivo varios premios.
As súas novelas volven a poñer de actualidade mitos clásicos, cunha ollada crítica e feminista. 2026, será o ano de ler e profundar na súa vida e obra.
No referente á súa faceta política é de resaltar:
- Foi unha forte activista sindical.
-Promotora da "Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación", constituída na Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela.
-Numerosas foron as manifestacións nas que participou:
. Contra a violencia de xénero.
. A favor do aborto.
. Denuncia da catástrofe do Prestixe.
. Loita antimilitarista.
. Membro de Mulleres Nacionalistas Galegas.
. Defensa da Sanidade Pública.
. etc.
Begoña Caamaño é a 7ª muller homenaxeada cunhas Letras Galegas (ou décimo terceira) se contabilizamos ás pandereteiras deste ano 2025. Súmase así a:
Rosalía de Castro (1963)
Francisca Herrera (1987)
María Mariño (2007)
María Victoria Moreno (2018)
Xela Arias (2021)
Luísa Villalta (2024).
A Deputación de A Coruña (2017), creou o Premio Begoña Caamaño, que distingue a unha persoa, colectivo ou proposta artística comprometida coa igualdade de sexo.
Recibiu o premio de crítica da Narrativa Galega.
Morre en 2014, (con 50 anos). Un acto civil en Boisaca (Cemiterio de Santiago) acolleu a un gran número de persoas chegadas de todo Galicia que quixeron acompañala na súa despedida. En 2015, as súas amigas organizaron un acto de homenaxe, co nome de "BEGOÑÍSIMA", no Teatro Principal de Santiago.
20/06/2025
rafadcg@r.gal