DÍA DA POESÍA (2026)
A xornada do, 21 de marzo, celebramos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA, segundo acordo adoptado pola UNESCO en 1999, mais este ano a Real Academia Galega adiantou a data a este 17 de Marzo, celebrando un acto en Vigo (Museo de Arte Contemporáneo), baixo o epígrafe de: "A ESCRITURA SEN LÍMITES", no que se rendiuhomenaxe a Maria Xosé Queizán Vilas.
Abriu o acto o Presidente da Real Academia Galega, Xosé Henrique Monteagudo Romero que dirixiu unhas palabras de gabanza á escritora, á que acompañou durante toda a homenaxe. Tamén asistiu o Concelleiro de Cultura, que fixo unha valoración da homenaxeada, como activista en defensa do feminismo, máis alá do seu valor intelectual e cultural. De seguido a directora da Sección de Literatura da RAG, Marilar Aleixandre, abriu o acto dicindo que era "unha débeda" con Mará Xosé Queizán, pois o silenzo sobre a túa escrita non puido vencerte. A Académica Margarita Ledo Andión foi a encargada de loar a figura homenaxeada dicindo: Pertence a un grupo de escritoras que son elas mesmo o texto.
De seguido, Mirian Ferradáns foi presentando ás persoas que colaboraron na homenaxe, recitando poemas desta autora, que foron recollidos nun libriño co que se agasallou aos asistentes.
-Marilar Aleixanre:
(Prefiro o bico da serpe).
-Rexina Vega:
(Logos -grito)
Marga do Val:
(Amar a Che Guevara)
Manuel Forcadela:
(IV poemas a Rosalía)
Fina Casalderrey:
(Porca miseria)
Andrea Nunes Brión:
(Revolución de Abril)
Actuación musical : UXÍA: acompañándose de guitarra.
-Escoitádeme, fíxenme poeta (palmas)
-Porca miseria.
-Ela.
Elvira Ribeiro Tobío:
(Escribo...)
Xosé María Álvarez Cáccamo
(Irmá)
Ana Romaní:
(Exiliadas da palabra)
María Reimóndez:
( E o verbo fíxose carne)
Camiño Noia:
(Venceremos Nós) -Día de Galicia do ano 1969
Xavier Baixeras:
(Nómada), do libro fóra de min.
Para pechar o acto, María Xosé Queizán recita: (Marías en acción), en homenaxe ás Marías de Santiago, que tanto foron agraviadas.
Moi agradecida a todos os que interviron e para todos os que estades aí. Alédome de estar aquí e de recibir o voso cariño. Moitos bicos para todos.
Actuación musical : Uxía
-Amante.
-A Queizán...
Logo acompañada da homenaxeada cantan:
-Tre bien Rián de rián
Aplausos mútuos da homenaxeada e dos asistentes, e as grazas de Marilar Aleixandre, puxeron o remate a tan emotivo acto.
17/03/2026
rafadcg@r.gal