BOBORÁS. (5/03/2026)
Xornada primaveral, a principios de marzo, por este Concello auriense, visitando:
- Astureses
-Moldes
-Cameixa
-Pazos de Arenteiro
-ASTURESES
(Igrexa de San Xulián, románico rural, século XII). Sábese da presenza no lugar da Orde do Santo Sepulcro, mudando a súa dependencia séculos máis tarde pola Orde de San Xoán de Xerusalén, pasando a depender da encomenda de Pazos de Arenteiro.
Destaca a súa altura e os contrafortes. Planta de nave rectangular e Ábsida semicircular, con canzorros que teñen man do beirado e con tres fiestras; cada ventá con dobres columnas, capiteis vexetais e arcos de medio punto; na restante decoración exterior sobresaen motivos vexetais, animais e seres fantásticos. A porta principal do Templo con tres arquivoltas, sobre columnas con motivos vexetais e animais. Espadana (pequena, para a altura do templo) de dous arcos e dúas campás.
No muro norte, unha porta, cun par de columnas, con capiteis e arquivoltas con decoración, aparecen tamén tres cruces de Malta, dúas delas están rodeadas por círculos.
Foi unha mágoa non poder contemplar o seu interior. Un veciño indicounos que soamente o día de misa.
-MOLDES
(Igrexa da San Mamede, unha xoia). Monumento histórico nacional dende 1946. Románico galego,
Destaca por:
-A súa historia.
-Polo seu deseño arquitectónico.
-Polo contexto cultural no que se atopa.
Situada nun alto, ao que accedemos por un empedrado camiño, á sombra dunha fermosa carballeira, se ben, neste momento do inverno sen follas e nun lugar que semella que acolleu en épocas anteriores un castro. Recíbenos, preto do alto, un panel informativo e un traballado cruceiro.
Ruinosa a comezos do Século XX; grazas ás restauracións realizadas na década de 1950, baixo a dirección de Manuel Chamoso Lamas (tamén soterrado no camposanto que a circunda) recuperou o seu esplendor orixinal.
No seu asentamento hai indicios dun antigo castro. Cerrada ao longo do ano, abre o 17 de maio, Día das Letras Galegas, para rendir homenaxe a Antón Losada Diéguez, natural desta localidade e soterrado nesta Igrexa, nunha pequena capeliña, que se adosou nun lateral, pero con acceso polo interior do templo.
Antes de entrar no recinto, un bonito cruceiro recibe ao visitante.
(Fundación Antón Losada Diéguez). Sita no Pazo que pertenceu ao escritor, pazo con capela e predio. No interior consérvanse: Mobles, cadros, pezas antigas e a biblioteca de Antón Losada Diéguez. No balcon exterior, no mes de xuño, entréganse os Premios Antón Losada que convocan os concellos de Boborás e o Carballiño, xunto coa Deputación de Ourense.
(Pazo Tizón), cunha fermosa plantacionde vides, restaurante e adega.
(Antiga escola e pendellos).
(Igrexa de San Bieito de Moldes)
-CAMEIXA
(Igrexa de San Martiño), románica, (Séculos XII e XIII), sobre todo na absida, con remodelacións nos séculos XVIII e XIX. Retablo de madeira, presidido por San Martiño, acompañado do Sagrado Corazón e a Inmaculada.
(Castro de Cameixa) Excavado por Florentino López Cuevillas e Xaquín Lorenzo entre 1944 e 1946. Tamén traballou nel Manuel Chamoso Lamas. Atopáronse cerámicas da Idade do Ferro e da etapa romana, (Museo arqueolóxico de Ourense). Na croa do castro atopamos un cruceiro.
Nota: Para ir a Cameixa, estrada local dende a Almuzara, rúa que leva a San Martiño e por camiño de terra ao Castro.
(Pazos) -San Martiño
-Pazo de Currelo, con pombal.
-PAZOS DE ARENTEIRO
Conxunto histórico-artístico, nunha ladeira, sobre o río Avia.
Que ver en Pazos? Pazos prsenta un trazado medieval:
-Igrexa de San Salvador
-Edificios que a rodean: Pazos e Casas señoriais.
No Século XIII, O Mosteiro de Oseira, tiña propiedades de terras aquí.
A grandeza de Pazos de Arenteiro ten as súas raíces no Século XII, grazas á Orde do Santo Sepulcro e máis tarde no XVI á Encomenda de San Xohán de Xerusalén, apoiado este apoxeo polo próspero comercio do viño.
Rúas empedradas, comunican casas modestas e outras máis señoriais, rodeando a un antigo mosteiro que pertenceu á Orde de Malta e do que só se conserva o Pazo da Encomenda.
Viñedos, rutas, árbores autóctonos, pontes e grandes pazos...
(Igrexa románica de San Salvador), con mudanzas ao longo do tempo, sobre todo na época barroca. Destaca:
- Un peto de ánimas na súa ábsida. Pazos de Arenteiro era punto de paso para os arrieiros, peregrinos, comerciantes e outros, que camiñaban a Compostela e depositaban as esmolas neste peto de ánimas.
-Unha bonita portada.
-Na capela principal un retablo renacentista, atribuído ao Mestre de Sobrado.
(Pazo da Encomenda), antigo mosteiro que acadou moito maior tamaño.
(Outros Pazos e Caseríos):
-Casa de Arriba, con elegante balcón.
-Casa do Médico, con solaina e fermosas vistas.
-Casa do Penedo.
-Pazo de Cervela.
-Pazo de Dona Elisa, en forma de U.
-Pazo de Feixoo, cun portón e patio.
-Pazo dos Fumes.
-O Palenque, balconada que da acceso a un conxunto de vivendas.
-Antigo Cárcere (ruínas).
(Pontes):
-A da Cruz.
-Ponte do Santo Sepulcro.
(Muíños)...
Bonito e cultural día, malia non poder entrar nalgúns dos interiores.
5/03/2026
rafadcg@r.gal