Artes Galegas 2026
JOSÉ SUÁREZ FERNÁNDEZ
Allariz 1902 - A Garda 1974
(Fotógrafo humanista, cronista do pobo, testemuña visual de Galicia)
O Día das Artes Galegas, que se celebra cada 1º de Abril, segundo acordo da Real Academia de Belas Artes de Galicia, en Sesión Plenaria do 28 de xuño de 2025, presidida Por Manuel Quintana Martelo, homenaxeará en 2026 ao fotografo humanista, cineasta e cronista do pobo José Suárez Fernández, natural de Allariz.
Esbozarei aquí algúns trazos e ocupación da súa traxectoria vital, mentres nos imos achegando ao próximo ano no que, de seguro, trataremos en profundidade o estudio da súa figura.
A súa obra, influenciada polas Vangardas europeas, é unha obra etnográfica, humanista e imnovadora. Foi amigo de Miguel de Unamuno, quen asinou o prólogo do seu libro: 50 fotos de Salamanca, ano 1932.
Comeza a facer fotos cando aproba o bacharelato e seu pai lle regala unha cámara.
En Salamanca estudou Dereito, onde obtivo a licenciatura. Fixo alí sobre todo imaxes de paisaxes salmantinas, que con outras galegas, publica na Revista Vida Gallega.
-Fotos de irmáns.
-De Allariz e a festa do boi.
-Fotos de terras de Salamanca (Alberca, Candelario, Peña de Francia..)
-Series etnográficas:
-Romería de San Vitorio (Allariz).
-Oleiros (Niñodaguia).
-Beiramar (Rías Baixas).
-Da malla (Concello de Allariz)
-As feiras locais.
-Os carros...
-Festas da Alberca, Candelario ou Peña de Francia amosan xa achegamento ás Vangardas).
En 1935, expón en París e en Madrid.
José Suárez chamaba ARTE á linguaxe da creación a través da fotografía.
En 2015, O centro Gaiás da Cidade da Cultura en Compostela organizou unha exposición baixo o epígrafe: "José Suárez, uns ollos que pensan", de seguido esta exposición percorreu varias cidades de España e do Estranxeiro.
A fotografía "Javiota" tomada en Cangas do Morrazo en 1936, pertence á serie Mariñeiros, serie interrompida polo comezo da Guerra Civil, e onde retrata a vida dos mariñeiros e as súas familias: imaxes dos traballos destas xentes, a súa dureza, a be- leza da costa.
Logo o Exilio en Arxentina. Sae por Lisboa na compaña dos pintores Colmeiro e Maruxa Mallo
Amigo e colaborador de :
-Carlos Velo, Luís Seoane, Blanco Amor, Ramón Pérez de Ayala, Luís Tobío, Rafael Alberti...
Filmes: -Mariñeiros (No Morrazo e en Rianxo).
-La mujer y el hockey
-Director de fotografía de "Malambo".
Publica en diversas Revistas Españolas e Arxentinas, para ilustrar unha reportaxe de Blanco Amor sobre as Romerías Galegas.
En Arxentina dedicouse plenamente ao cine. Realiza unha serie de 26 películas. Obtén por Malambro (1942) a Cuncha de Ouro á mellor fotografía.
En 1942 publica : Neve na Cordilleira (un libro de fotos dos Andes).
En 1950 (Uruguai), Punta do Este, comeza a traballar para o xornal O DÍA DE MONTEVIDEO e abre a librería : O yelmo de Mambrino. Aquí crea unha gran amizade con intelectuais tamén exiliados.
En 1953, a Xapón, como correspondente dos xornais:
-O arxentino -La Prens.
-O de Uruguai -El Día
Á volta de Xapón, en Uruguai, expón imaxes dese país e imparte conferencias.
Volve máis tarde a Xapón e visita a Akira Kurosawa, co que fai unha gran amizade.
Colabora con fotos:
- Na Historia de Galicia de Otero Pedraio.
-Realiza fotografías de "A Mancha", sobre a ruta que percorreu O Quixote, na novela de Cervantes.
- Serie de fotos en 1967, sobre corridas de touros, para un libro inglés.
Regresa a Galicia en 1967: Allariz e o Hotel Miño de Ourense coas tertulias.
Morre en A Garda en 1974 con 72 anos de idade.
En 1981, a editorial Xerais , publica o libro: Galicia: terra, mar, xentes.
Preparemonos para seguir estudando a este singular persoeiro, o ano vindeiro, no que recibirá esta merecida homenaxe por parte da Academia Galega de Belas Artes.
1/07/2025
rafadcg@r.gal