ALONSO MONTERO, XESÚS

Vigo(28/11/1928) ----- Vigo(12/02/2026)

Hoxe deixounos

Un Guía da Cultura galega, un símbolo que o acompañaba: A súa bufanda vermella.

-Membro do Consello da Cultura Galega, do que foi 1º Vicepresidente, na etapa que presediu Ramón Piñeiro.

- Académico da RAG, (Institución que Presidiu entre 2013 e 2017) sucedendo a Xosé Luís Méndez Ferrín e dando o relevo a Víctor Fernández Freixanes. A súa entrada na RAG produciuse o 30/10/1993, proposto por Filgueira Valverde, Carlos Casares e Ramón Piñeiro, cun discurso titulado: - "Manifestos" en verso a favor da poesía civil nos primeiros tempos da posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939 - 1962)-; con resposta de Xosé Filgueira Valverde.

-Mestre de mestres.

-Orador apaixonado e brillante.

-Filósofo.

-Docente.

-Investigador.

-Galeguista.

-Comunista.

-Ensaísta.

-Erudito.

-Narrador e poeta.

-Activista.

-Amigo dos amigos.

Deixounos unha gran bagaxe, creativa e divulgativa da Cultura e da Lingua Galega.

-Foi Presidente do Foro pola memoria Republicana e membro de Fundacións como: Rosalía de Castro e Otero Pedrayo.

-Unha grande aportación, en obra, á sociolingüística. Editou e publicou moitos ensaios e biografías de autores Galegos e Españois, empezando Por Curros Enríquez a quen dedicou en 1966 a súa Tese de Doutoramento en Salamanca.

-Foi colaborador da Voz de Galicia.

-Escribiu poesía e narrativa.

-Unha edición da obra completa de Leiras Pulpeiro.

Exerceu a docencia en moitos lugares, mais en Lugo deixou unha gran pegada, sendo homenaxeado polo IES Lucus Augusti en 2024, recibindo o título de fillo adoptivo da Cidade en 2025.

A Presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez calificou o seu pasamento como: "Unha pena profundísima para a Cultura Galega".

Así mesmo o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, escribiu en Redes sociais: "Que a cultura e a intelectualidade galega perden a un dos pensadores máis relevantes". Deixounos dito: "O futuro do galego?: Vai depender de vostedes e dos seus fillos.

Sirva esta pequena reseña, como preámbulo obrigado no seu pasamento, pero non descoidemos o estudio de figura tan importante para a Lingua e o pensamento galeguista ao longo dos próximos anos.

12 de Febreiro de 2026

rafadcg@r.gal